menú

manual Windows XP


1. obter os datos da configuración

paso 1

Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.

para acceder á web de clientes






2. configuración da rede wifi no teu dispositivo

paso 2

Accede ao símbolo de Inicio e selecciona o Panel de Control.






paso 3

Pulsa en Conexións de Rede.






paso 4

En Conexións de rede sen fíos facemos clic dereito, Propiedades.






paso 5

Na pestana Redes inalámbricas seleccionamos Engadir...






paso 6

Dentro de Asociación, completa os seguintes datos: Nome da rede (SSID): wificlientesR. Autentificación de rede: WPA2.






paso 7

No apartado de Autentificación, selecciona EAP protexido (PEAP).
Fai clic en Propiedades.






paso 8

Desmarca Validar un certificado de servidor de estar marcado.
Pulsa en Configurar.






paso 9

Desmarca a opción Usar automaticamente o nome…
Aceptamos todos os cambios realizados.






paso 10

A rede wificlientesR quedara gardada.
Pulsa Aceptar para pechar a ventá.






paso 11

Unha vez detecte a red, o sistema solicitará unha única vez as credenciais de acceso.

Para esta configuración necesitas o usuario e contrasinal que obtiveches no paso 1.

O campo Dominio non teremos que introducilo.

Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.