menú

manual tablet Windows


1. obter os datos da configuración

paso 1

Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.

para acceder á web de clientes






2. configuración da rede wifi no teu dispositivo

paso 2

Accede ao símbolo de Inicio e selecciona o Panel de Control.






paso 3

Pulsa en Redes e Internet.






paso 4

Accede a Centro de redes e recursos compartidos.






paso 5

Pulsa en Configurar unha nova conexión de rede.






paso 6

Selecciona Conectarse manualmente a unha rede sen fíos e pulsa en Seguinte.






paso 7

Cubre os seguintes datos:

Escribe o nome da rede wificlientesR
O tipo de seguridade: WPA2-Enterprise
Pulsamos en Seguintes.






paso 8

Pulsa en Cambiar a configuración da conexión.






paso 9

Na pestana Seguridade, establecemos o método de autentificación de rede como EAP-TTLS e pulsamos en Configuración.






paso 10

Completa os seguintes datos:

Dentro de Configuración habilitamos privacidade de identidade e escribimos wificlientesR.
En Autentificación de cliente seleccionamos un método que non sexa EAP e establecemos (MS-CHAP v2).
Pulsa en Aceptar para gardar os cambios.






paso 11

Na mesma pestana Seguridade pulsamos en Configuración avanzada.






paso 12

Marcamos Especificar modo de autenticación e seleccionamos Autenticación de usuarios.
Pulsamos en Gardar credenciais.






paso 13

Cobre os datos na pantalla que aparece co usuario e o contrasinal que obtiveches no paso 1.

Acepta as 2 pestanas abertas.

Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.