menú

manual móbil Windows Phone


1. obter datos da configuración

paso 1

Accede á web de clientes R e selecciona a liña móbilR do teléfono Windows Mobile que queres configurar. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.

para acceder á web de clientes






2. configuración da rede wifi no teu dispositivo

paso 2

Accede a Configuración dentro do teu dispositivo.






paso 3

Localiza a opción Wifi e accede ás configuracións.






paso 4

Accede a administrar ao final do listado de redes.
Dentro do apartado administrar wifi, pulsa no “+” da barra de navegación inferior para engadir unha rede wifi.






paso 5

Introduce os seguintes datos:

Nome da rede: wificlientesR (asegúrate de que escribes ben o nome da rede)

Pulsa o botón de engadir na barra de navegación inferior.

É posible que o móbil nese momento busque as redes. Se o fai e non estás en cobertura da rede wifilclientesR non poderás seguir configurando. Terás que facelo cando esteas nunha zona con cobertura.






paso 6

Dentro da rede wificlientesR introduce os seguintes parámetros:
Conectarse con: SIM
Método EAP: SIM
Pulse en listo para finalizar.

Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.

Nota:
En caso de que o terminal sea dual SIM (dispón de 2 tarxetas) aparecerá un campo a maiores seleccionar SIM no que teremos que elexir a SIM de R.

advertencia:
Se non aparece a opción SIM deberás realizar a configuración como se explica a continuación.






método EAP

Para esta configuración necesitas o usuario e contrasinal que obtiveches na web de clientes no paso 1.

Cobre os seguintes datos:
Conectarse con: nome de usuario e contrasinal
Nome de usuario: usuario
Contrasinal: contrasinal
Método EAP: PEAP MS-CHAP v2

Unha vez cubertos os datos, pulsar sobre listo para poder gardar a configuración.

Agora o teu dispositivo xa queda configurado para que poidas conectarte a wificlientesR.