menú

manual Windows 8


1. obter os datos da configuración

paso 1

Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.

para acceder á web de clientes






2. configuración da rede wifi no teu dispositivo

paso 2

Accede ao símbolo de Configuración e selecciona o Panel de Control.






paso 3

Pulsa en Redes e Internet.






paso 4

Selecciona Centro de redes e recursos compartidos.






paso 5

Pulsa en Configurar unha nova conexión ou rede.






paso 6

Accede a Conectarse manualmente a unha rede inalámbrica e Seguinte.






paso 7

Cobre os seguintes datos:

Escribe o nombre da rede wificlientesR.
O tipo de seguridade: WPA2-Enterprise.
Pulsamos en Seguinte.






paso 8

Selecciona Cambiar a configuración da conexión.






paso 9

Na pestana Seguridade seleccionamos que o método de autentificación de rede é: Microsoft: EAP protexido (PEAP) e pulsamos en Configuración.






paso 10

Desmarcamos Verificar a identidade do servidor validando o certificado, marcamos a caixa Habilitar privacidade de identidade e escribimos wificlientesR.
Pulsamos Configurar.






paso 11

Desmarcamos a caixa e pulsamos dúas veces Aceptar.






paso 12

De novo na pestana Seguridade seleccionamos Configuración avanzada.






paso 13

Marcamos Especificar modo de autentificación e seleccionamos Autenticación de usuarios.
Pulsamos en Gardar credenciais.






paso 14

Completa os datos da pantalla que aparece co usuario e contrasinal que obtiveches no paso 1.
Aceptamos as 3 pestanas abertas.

Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.