Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.
Accede ao símbolo de Inicio e selecciona o Panel de Control.
Pulsa en Redes e Internet.
Selecciona Centro de redes e recursos compartidos.
Pulsa en Configurar unha nova conexión ou rede.
Accede a Conectarse manualmente a unha rede inalámbrica e Seguinte.
Cobre os seguintes datos:
Escribe o nombre da rede wificlientesR.
O tipo de seguridade: WPA2-Enterprise.
Pulsamos en Seguinte.
Selecciona Cambiar a configuración da conexión.
Na pestana Seguridade seleccionamos que o método de autentificación de rede é: Microsoft: EAP protexido (PEAP) e pulsamos en Configuración.
Desmarcamos Verificar a identidade do servidor validando o certificado, marcamos a caixa
Habilitar privacidade de identidade e escribimos wificlientesR.
Pulsamos Configurar.
Desmarcamos a caixa.
Pulsamos dúas veces Aceptar.
De novo na pestana Seguridade seleccionamos Configuración avanzada.
Marcamos Especificar modo de autentificación e seleccionamos
Autenticación de usuarios.
Pulsamos en Gardar credenciais.
Cubre os datos da pantalla que aparece co usuario e contrasinal que obtiveches no paso 1.
Aceptamos as 3 pestanas abertas.
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.