Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.
Accede a Axustes do Sistema dentro do teu dispositivo e selecciona o símbolo de Rede.
Aparecerá unha ventá onde deberás seleccionar Conectar a unha rede oculta
Deberás ter a man o usuario e o contrasinal dos datos de acceso que obtiveches no paso 1.
Nome da rede: wificlientesR
Seguridade de WiFi: WPA & WPA2 Enterprise
Autentificación: Tuneled TLS (TTLS) ou EAP PROTEGIDO (PEAP) (dependerá da distribución de Linux)
Identidade anónima: wificlientesR
Usuario: Usuario
Contrasinal: contrasinal
Pulsamos en Conectar.
Acepta o certificado.
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.