menú

manual iPad Wifi


1. obter os datos da configuración

paso 1

Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Deste xeito obterás un perfil de configuración que terás que instalar.
Poderás descargarte o perfil directamente da web se estás usando o teu ipad ou enviarte un enlace por email para instalalo máis tarde (debes utilizar Safari para acceder á web).

para acceder á web de clientes






2. configuración da rede wifi no teu dispositivo

paso 2

Unha vez realizada a descarga do perfil de configuración, procede a aceptar a instalación pulsando en Instalar.






paso 3

Se o teu dispositivo conta cun código de desbloqueo (número de 4 cifras que utilizas para acceder ao dispositivo despois de estar en reposo) deberás introducilo para aceptar e finalizar a instalación do perfil.

Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.