Accede á web de clientes R e selecciona a liña co número da SIM de R que tes nesta tablet. Desta forma, obterás un perfil de configuración que terás que instalar. Poderás descargar o perfil directamente da web se estás usando o teu ipad ou enviar un enlace por email para instalalo más tarde (debes utilizar Safari para acceder á web).
Unha vez realizada a descarga do perfil de configuración, procede a aceptar a instalación pulsando en Instalar.
Se o teu dispositivo conta cun código de desbloqueo (número de 4 cifras que utilizas para acceder ao dispositivo despois de estar en reposo) deberás introducilo para aceptar e finalizar a instalación do perfil.
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.