Accede á web de
clientes R e selecciona a liña móbilR do
teléfono iOS que queres configurar. Deste xeito, obterás un perfil de configuración que terás que instalar.
Se actualizaches o teu teléfono iOS a unha nova versión e xa tiñas configurado wificlientesR, antes de configuralo de novo, é necesario que borres o perfil de configuración como se indica neste manual.
Unha vez realizada a descarga do perfil de configuración, procede a aceptar a instalación pulsando en Instalar.
Se o teu dispositivo conta cun código de desbloqueo (número de 4 cifras que utilizas para acceder ao dispositivo despois de estar en repouso) deberás introducilo para aceptar e finalizar a instalación do perfil.
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.