Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Desta forma, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.
Accede a Axustes dentro do teu dispositivo.
Localiza a opción Wifi e actívaa.
Dentro da ventá Wifi selecciona conexión
manual para engadir unha rede wifi.
Para esta configuración necesitas o usuario e contrasinal que obtiveches no paso 1.
Cobre os seguintes datos:
Nome da rede (SSID): wificlientesR (asegúrate de que escribes ben o nome da rede)
Tipo de Seguridade: WPA/ WPA2 Enterprise
Subtipo de Seguridade: TTLS
Usuario: usuario
Contrasinal: contrasinal
Unha vez cubertos os datos, pulsar sobre gardar para poder gardar a configuración.
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.