Accede á web de clientes R e selecciona o combo/mambo para configurar o servizo. Deste xeito, obterás un usuario e un contrasinal. Ten estes datos a man porque che farán falla na configuración que che explicamos nos seguintes pasos.
Accede a Axustes dentro do teu dispositivo.
Localiza a opción Wifi, actívaa e accede ás configuracións.
Accede a engadir rede wifi “+” e segue os pasos seguintes.
Ao acceder a engadir rede, aparecerá unha ventá onde deberás configurar os parámetros indicados a continuación.
Para esta configuración necesitas o usuario e contrasinal que obtiveches no paso 1.
Nome da rede: wificlientesR (asegúrate de que escribes ben o nome da rede)
Método EAP: TTLS
Autenticación de fase 2: MSCHAPV2
Identidade: usuario
Identidade anónima: wificlientesR
Contrasinal: contrasinal
Unha vez cubertos os datos, pulsar sobre gardar/conectar para poder conectarte á rede wificlientesR
Con isto, wificlientesR xa está configurado no teu dispositivo. A partir de agora a conexión a wificlientesR será automática cando esteas fóra da túa casa/negocio. Na túa casa/negocio seguirás conectándote pola túa wifi habitual.